DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 27 de agosto de 2026 Páx. 46851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xullo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Rodeiro (expediente DH.A36.107782).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Rodríguez Jorge.

DNI: ***0281**.

Expediente: DH.A36.107782.

Volume total anual: 1.292,10 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,025 l/s.

Destino: doméstico e gandeiro.

Orixe: X=589081, Y=4717391 (fuso29 ETRS89).

Lugar: A Ladeira.

Parroquia: San Martiño de Asperelo (San Martiño).

Concello: Rodeiro.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de auga dun manancial situado na parcela de referencia catastral 36047A120007640000LI e a súa condución mediante tubo de diámetro 32 mm e lonxitude 1.059 m ata un depósito de 12 m3 na parcela 36047A121004790000LR. Desde este condúcese ata a vivenda de referencia catastral 36047A121060260000LZ mediante tubo de 22 mm e 48 m, onde se aproveita para uso doméstico e gandeiro.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 881 99 90 97.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro