DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46883

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2026 pola que se publica a Resolución do 19 de agosto de 2026 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a listaxe de agarda no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria da Axencia para o curso académico 2026/27 (código de procedemento MR207A).

O día 25 de xuño de 2026 publicouse a Resolución do 11 de xuño de 2026, do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria e pola que se convocan estas prazas para o curso académico 2026/27 (código de procedemento MR207A).

De conformidade co artigo 13 da Resolución do 11 de xuño de 2026, correspóndelle á Dirección da Agacal, logo de comprobar as reclamacións presentadas contra a relación provisional, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas en cada centro e, de ser o caso, da listaxe de agarda, onde figurará a puntuación obtida.

Así mesmo, o seu artigo 15 establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de adxudicación. Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural (https://agacal.xunta.gal/gl/formacion/oferta-formacion-profesional-regrada/xestion) e do taboleiro de anuncios do centro correspondente.

Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Con base no Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, é competente para ditar a resolución deste expediente o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 19 de agosto de 2026 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a listaxe de agarda no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria da Axencia para o curso académico 2026/27, que se xunta a esta resolución como anexo.

Segundo. Comunicar que a referida resolución finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben, directamente, un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Unha vez que se notifique a resolución, as persoas ás cales se lles adxudicou a praza disporán dun prazo de oito días, que se computará a partir do día seguinte ao desta publicación, para formalizar a matrícula no centro onde obtivesen a dita praza.

Cuarto. Abrir o prazo de presentación de solicitudes sinalado no artigo 16 da Resolución do 11 de xuño de 2026 desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de adxudicación definitiva de prazas de residencia ou comedor correspondente ao prazo ordinario ata o 30 de xullo de 2027.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
P.A. (Artigo 19.bis.5 do Decreto 52/2018)
Laura Mezquiriz Miguel
Xerente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Resolución do 19 de agosto de 2026 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a listaxe de agarda no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación
e experimentación agraria da Axencia para o curso académico 2026/27
(código de procedemento MR207A)

Antecedentes:

O día 25 de xuño de 2026 publicouse a Resolución do 11 de xuño de 2026, do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria e pola que se convocan estas prazas para o curso académico 2026/27 (código de procedemento MR207A).

O día 7 de agosto de 2026 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de 5 días para efectuar as reclamacións. Unha vez que transcorreu o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.

Consideracións legais e técnicas:

• A Lei 39/2015, do 1 de outubro, establece o procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• O Decreto 52/2018, do 5 de abril, de creación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (DOG núm. 102, do 30 de maio), establece que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria asumirá as funcións e competencias en materia de formación, innovación e investigación e en materia de innovación tecnolóxica.

• A Resolución do 11 de xuño de 2026, do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria e pola que se convocan estas prazas para o curso académico 2026/27, establece no seu artigo 13 que, unha vez que se comproben as reclamacións presentadas contra a relación provisional, lle corresponde ao director da Agacal resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva das persoas admitidas e excluídas en cada centro e, de ser o caso, da listaxe de agarda, onde figurará a puntuación obtida.

Con base no Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, é competente para ditar a resolución deste expediente o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a listaxe de agarda, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural (https://agacal.xunta.gal/gl/formacion/oferta-formacion-profesional-regrada/xestion) e no taboleiro de anuncios do centro correspondente.

As persoas que obteñan praza de residencia ou comedor disporán de oito días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da resolución de adxudicación no Diario Oficial de Galicia, para formalizar a matrícula no centro onde obtivesen a devandita praza, onde se lles facilitará o impreso correspondente. Igualmente, deberán achegar a documentación que acredite, de ser o caso, que a persoa usuaria pode beneficiarse dalgunha das bonificacións que se recollen no Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería (DOG núm. 176, do 16 de setembro).

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse un recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.