DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46896

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se lles dá publicidade a diversos acordos (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Unha vez recibido o informe-proposta da Dirección do Instituto Galego de Estatística sobre as persoas funcionarias en prácticas, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, en sesión que tivo lugar o 12 de agosto de 2026, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2024) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas todas as persoas participantes no período de prácticas, conforme o establecido na base III da convocatoria, que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas funcionarias en prácticas mediante a Resolución do 29 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro).

A orde de prelación, que se recolle no anexo desta resolución, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo).

Segundo. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2026

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***6080**

Soubrier Benavides, Jordán

2

***0761**

Viqueira Miranda, María del Pilar

3

***0060**

Rodríguez Mato, Silvia