DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 31 de agosto de 2026 Páx. 47205

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2026 pola que se modifica a Resolución do 10 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico para o curso 2026/27 (código de procedemento BS402B).

O 16 de marzo de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución de 10 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico para o curso 2026/27 (código do procedemento BS402B).

Esta resolución ten por obxecto convocar, para o curso 2026/27, o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico en escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais (en diante, Agass) da localidade onde presta servizos (código de procedemento BS402B).

As ditas escolas infantís son as seguintes:

a) Escola infantil de Vite, en Santiago de Compostela.

b) Escola infantil Santa María de Oza, na Coruña.

c) Escola infantil Catabois, en Ferrol.

d) Escola infantil Sagrado Corazón, en Lugo.

e) Escola infantil Antela, en Ourense.

f) Escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra.

g) Escola infantil A Estrela, do Complexo Administrativo de Vigo.

h) Escola infantil da Cidade da Xustiza de Vigo.

O obxecto desta modificación é revisar o calendario de apertura das escolas infantís dependentes da Agass, citadas anteriormente no que respecta ao día de comezo do curso escolar, establecido no artigo 3.1 da dita resolución.

A modificación do prazo de inicio do curso escolar, establecido na dita resolución, ten como finalidade garantir o correcto funcionamento dos centros, derivado do movemento de persoal previsto para o mes de setembro na rede de escolas infantís da Xunta de Galicia con motivo da resolución do concurso de traslados e tomas de posesión do persoal funcionario dos centros, en cumprimento da lexislación vixente en materia de emprego público.

Deste xeito, modifícase o comezo do período escolar, que pasa a ser o día 7 de setembro do ano 2026.

En consecuencia, de conformidade co Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servicios Sociais e se aproban os seus estatutos,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 10 de marzo de 2026, pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico para o curso 2026/27 (código de procedemento BS402B).

O número 1 do artigo 3 da Resolución do 10 de marzo de 2026, pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico para o curso 2026/27 (código de procedemento BS402B) queda redactado como segue:

«1. Nas escolas infantís 0-3 a que se refire esta resolución, o curso escolar dará comezo o luns 7 de setembro de 2026».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2026

O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais
P.S. (Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica