DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 31 de agosto de 2026 Páx. 46971

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 11 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2025/26 (código de procedemento ED601A).

BDNS (Identif.): 924260.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/924260

Primeiro. Entidades beneficiarias

Asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria e/ou segundo ciclo de educación infantil (código de procedemento ED601A).

Segundo. Obxecto

Axudas económicas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.

As axudas económicas irán destinadas a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2025/26 (código de procedemento ED601A), publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 1.800.000 €.

Tipo de actuación

Orzamento

Axudas destinadas á xestión do servizo de comedor

1.800.000 €

Contía das axudas: ata un máximo do 100 % do gasto xustificado pola prestación do servizo de comedor do centro escolar correspondente.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes iniciarase transcorridos 8 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será dun mes. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte ao da publicación, cunha hora de inicio que comezará ás 9.00 horas e a hora fin de prazo será ás 20.00 horas.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional