No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 84, do 7 de maio de 2026, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 27 de abril de 2026, relativas ás seguintes convocatorias:
– Dúas prazas de auxiliar da rede de acollida, pola quenda libre (agrupacións profesionais), C.E. 13/25.
– Dúas prazas de técnico/a superior de informática, pola quenda libre (grupo B), C.E. 14/25.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.
A Coruña, 23 de xullo de 2026
A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado de Economía e Planificación Estratéxica
