DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0141/2026-V e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-CO-0141/2026-V e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, 15006 A Coruña, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, o dito prazo contarase a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, apartado c) da mesma lei.

A Coruña, 24 de agosto de 2026

A directora territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 13.5.2024)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIF

Acto que se notifica

PSC-CO-0141/2026-V

76967097N

Resolución

PSC-CO-0152/2026-PPM

46914689W

Resolución

PSC-CO-0172/2026-PPM

53119497P

Resolución

PSC-CO-0237/2026-V

32771329D

Resolución

PSC-CO-0258/2026-V

76778104X

Resolución

PSC-CO-0271/2026-V

47385340G

Resolución

PSC-CO-0276/2026-PPM

49473925M

Resolución

PSC-CO-0284/2026-V

47375860T

Resolución

PSC-CO-0294/2026-PPM

49251730J

Resolución