DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Mércores, 2 de setembro de 2026 Páx. 47747

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 27 de agosto de 2026 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461F) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461J) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector.

No Diario Oficial de Galicia número 158, do 21 de agosto de 2026, publicouse a orde referida con anterioridade pola que se convocaba o proceso de acceso por promoción interna e provisión por mobilidade os corpos da Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector.

Con data 21 de agosto de 2026, o concello de Santiago de Compostela, informa de que con respecto a ese concello figuran dous postos correspondentes a oferta de emprego público (OPE) do ano en curso para a súa cobertura polo sistema de promoción interna, non obstante na OPE do ano 2025 figura unha praza desta categoría e cuxa provisión tamén é polo sistema de promoción interna, que non foi convocada e que se debe incluír nesta convocatoria, e logo de comprobar a documentación considerase que se debe atender a súa solicitude.

Consonte o exposto con anterioridade e de conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local (DOG núm. 222, do 22 de novembro), a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificar, en relación ao obxecto da convocatoria, a base primeira da orde do 11 de agosto de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e convocar o proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461F) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461J) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, subgrupo A2, de xeito que as prazas que se convocan son:

Concello

Promoción interna

Mobilidade

Vigo

3

1

Santiago de Compostela

3

Ferrol

2

Vilagarcía de Arousa

1

Teo

1

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde de modificación da Orde do 11 de agosto de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo de acceso por promoción interna (código de procedemento PR461F) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461J) nos corpos de Policía Local de Galicia, escala executiva, categoría de inspector, no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2026

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes