Anuncio polo que se publica a Resolución do 4 de agosto de 2026, do Concello do Corgo (Lugo), referente á convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo/a e encargado/a da Secretaría do Xulgado de Paz.
No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 182, do 11 de agosto de 2026, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
– Unha praza de auxiliar administrativo/a e encargado/a do Xulgado de Paz, pertencente ao persoal funcionario deste Concello, escala de Administración xeral, subescala auxiliar administrativo/a, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, de acordo co que establecen as bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e na sede eletrónica do Concello, así como na súa páxina web (www.concellodocorgo.com).
O Corgo, 11 de agosto de 2026
Felipe Labrada Reija
Alcalde
