DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de xuño de 2026 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable. Itinerario peonil e ciclista na PO-303. Treito: Picón-Tanoira, de clave PO/26/037.06; así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto. Actuación susceptible de ser cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, recolle, no seu artigo 6.2, aqueles elementos que teñen a consideración de elementos funcionais da estrada, entre os que se atopan os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas. Así mesmo, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 6 de maio de 2024 a Estratexia Galega de Mobilidade, cuxo obxectivo é analizar e planificar en todo o seu conxunto a mobilidade na Comunidade Autónoma de Galicia e adaptala aos retos da sociedade do futuro en materia de mobilidade sustentable.

Mediante a Resolución da directora da Axencia Galega de Infraestruturas do 25 de xuño de 2026 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable. Itinerario peonil e ciclista na PO-303. Treito: Picón-Tanoira, de clave PO/26/037.06, no concello de Meaño (Pontevedra).

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Que para os efectos previstos na Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, e no Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o seu regulamento de desenvolvemento, se someta ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que as persoas afectadas presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e aos dereitos descritos na relación anexa.

Segundo. Do mesmo xeito, sométese este proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, na casa do Concello de Meaño; e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén se atopa un extracto do documento cos obxectivos, a localización e a descrición da actuación:

https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/informacion-publica/estudos

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026

María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Fomento da mobilidade sostible. Itinerario peonil e ciclista na PO-303. Treito: Picón-Tanoira.
Clave: PO/26/037.06. Concello de Meaño

Referencia catastral

Políg.

Parc.

Titular

NIF

Sit. básica

do solo
(RDL 7/2015)

Expropiación
m2

Ocupación
temporal
m2

Bens afectados

Cant.

Ud.

Descrición

1

7613103NH1071S0001PA

76161

3

Sara Muñíz García

***2859**

Urbanizado

3

10

ml

(*) Peche de pedra e aceiro

José Ángel Lubián Barreiro

***8736**

2

7116154NH1071N0001ZE

71161

54

Rosaura Romay Pintos

***2371**

Urbanizado

8

13

7

ml

(*) Peche de pedra e malla de arame

Áurea Fernández Romay

***2622**

1

ud.

(*) Porta

3

7116144NH1071N0001RE

71161

44

Manuel Canario Varela (hrdos.)

***8149**

Urbanizado

16

8

13

ml

(*) Muro de contención de pedra + celosía de formigón

Carolina Canario Moldes

***2583**

5

ml

(*) Muro de contención de pedra

4

7116176NH1071N0001RE

71161

76

Nemesio Dozo Padín

---

Rural

4

6

ml

(*) Peche de malla de arame e poste de formigón

5

7116177NH1071N0001DE

71161

77

Raquel Bibiana Castro Outón

***8199**

Rural

118

41

ml

(*) Peche de malla de arame e poste de formigón

1

ud.

(*) Porta

6

36027A007002980000MH

7

298

Manuel Moldes Domínguez

***1462**

Rural

51

31

ml

(*) Peche de pedra e malla de arame

Cesáreo Moldes Lores

***1721**

51

m2

Viñas en emparrado postes pedra

7

6617215NH1061N0001PX

66172

15

Manuel Ángel Lores Buezas

***8278**

Urbanizado

5

8

6617215NH1061N0000OZ

66172

15

Manuel Ángel Lores Buezas

***8278**

Rural

131

8

ud.

Poste de pedra

9

36027A007003040000MG

7

304

En investigación

---

Rural

26

(*) Ben afectado recuado/reposto á súa nova localización. Non dá lugar a valoración por expropiación.