Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar ...», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a Resolución desta dirección territorial, do 27 de xullo de 2026, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A.
A citada resolución corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado Regulamentación LMT do DC ASN701-ASN705 na avenida Marqués de Figueroa, no concello de Fene (expediente IN407A 2026/111-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.
A Coruña, 24 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Fene
|
Núm. parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio núm. |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
2 |
Rúa Baixa 7033510NJ6163S0001LZ |
Urbana |
Roberto Seco Vázquez e irmán |
D149 |
2,0 |
1,0 |
4,0 |
||
|
3 |
Rúa Baixa 7033561NJ6163S0001ZZ |
Urbana |
Roberto Seco Vázquez e irmán |
2,0 |
5,0 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 sot.: superficie de servidume soterrada.
