DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 3 de setembro de 2026 Páx. 47969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 25 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON806 e BAL708, CS e substitución dos apoios 9SRMLCJX//D56 e 9SPJIALL/D57, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócase a todas as persoas interesadas ao acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON806 e BAL708, CS e substitución dos apoios 9SRMLCJX//D56 e 9SPJIALL/D57, segundo o calendario e o horario que se sinalan no anexo.

Ao acto, as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 25 de agosto de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/086-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS GON806 e BAL708, CS e substitución dos apoios 9SRMLCJX//D56 e 9SPJIALL/D57.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titular

Data

Hora

1

54057A126001230000BB

A Ermida

Descoñecido

13 de novembro de 2026

12.00

2

54057A126001170000BH

A Ermida

María Divina Alonso Rial

13 de novembro de 2026

12.00