En sesión que tivo lugar o 13 de agosto de 2026, o tribunal nomeado por Resolución do 23 de abril de 2026 (DOG núm. 80, do 30 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado por Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 231, do 28 de novembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 15 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI, ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul. As persoas aspirantes serán provistas de calculadora polo tribunal e quedará prohibido o uso de calculadoras distintas daquelas que se lles faciliten.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2026
Marcos Rodríguez Rey
Presidente do tribunal
