DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 4 de setembro de 2026 Páx. 48100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta o requirimento de documentación, acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (expediente PR204A 2026/3292-2 e tres máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición da persoa interesada na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución, que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Lugo, 21 de agosto de 2026

O director territorial de Lugo
P.S. (Orde do 18.12.2024)
Mª Isabel Vázquez Veiga
Xefa do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

ANEXO

Expediente

DNI/ NIE/ Pasaporte

PR204A 2026/3292-2

Z1409023W

PR204A 2026/3315-2

46659005D

PR204A 2026/3409-2

44729780R

PR204A 2026/3413-2

53200021D