DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 7 de setembro de 2026 Páx. 48268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de anulación das bases de selección e convocatoria da praza de oficial de obras e servizo por promoción interna (expediente 130/2026).

Logo de ver o acordo adoptado na Xunta de Goberno local na sesión ordinaria realizada o día 22 de abril de 2026, cuxo teor literal é o seguinte:

«Visto que no cadro de persoal do Concello figura vacante a seguinte praza de persoal laboral:

Grupo/subgrupo

Denominación

Clase de persoal

Núm.

Sistema de selección

C

C2

Oficial

Persoal laboral

1

Concurso-oposición

Visto que a dita praza está dotada no vixente orzamento e visto, así mesmo, o resultado alcanzado na Mesa Xeral de Negociación, coas asociacións sindicais máis representativas, que tivo lugar o pasado día 7 de novembro de 2025.

Examinadas as bases da convocatoria en relación coa selección de persoal referenciada, a Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias delegadas polo alcalde presidente o 5 de xullo de 2023, por unanimidade, acorda:

Primeiro. Aprobar as bases reguladoras das probas selectivas para cubrir en propiedade a praza vacante anteriormente referenciada pola quenda de promoción interna mediante concurso-oposición.

Segundo. Convocar as probas e publicar o texto íntegro das bases reguladoras das probas selectivas no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste Concello (www.concellodecastroverde.gal) e un extracto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado».

Logo de ver que se publicaron as bases de selección e a convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 100, do 5 de maio de 2026, e no Diario Oficial de Galicia número 108, do 11 de xuño de 2026.

Tras remitir o anuncio para a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, non foi inserido no diario oficial ao non se tratar dunha exixencia legal, unha medida esta adoptada por motivos de transparencia e publicidade para unha maior difusión e participación.

A Xunta de Goberno Local, en uso das atribucións delegadas polo alcalde o 5 de xullo de 2023 e por unanimidade dos membros presentes,

ACORDA:

Primeiro. Anular as bases reguladoras das probas selectivas para cubrir en propiedade a praza vacante anteriormente referenciada pola quenda de promoción interna mediante concurso-oposición.

Segundo. Anular a convocatoria das probas selectivas para cubrir en propiedade a praza vacante anteriormente referenciada pola quenda de promoción interna mediante concurso-oposición.

Terceiro. Publicar este acordo no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica deste Concello (www.concellodecastroverde.gal) e un extracto no Diario Oficial de Galicia.

Castroverde, 7 de agosto de 2026

Xosé María Arias Fernández
Alcalde