Mediante a Resolución do 12 de maio de 2026 (DOG núm. 92, do 20 de maio) a Consellería de Facenda e Administración Pública convocou un concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes na Axencia Tributaria de Galicia.
A base cuarta da convocatoria establece que «1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes de participación, a Comisión de Valoración regulada na base sétima verificará que as persoas solicitantes reúnan os requisitos e condicións exixidos para participar no concurso e que se presentou toda a documentación requirida segundo o establecido na base terceira, e elaborará proposta de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se publicará, con expresión da causa de exclusión, no Diario Oficial de Galicia e no portal web corporativo da Consellería de Facenda e Administración Pública».
Con data do 10 de agosto de 2026 a Comisión de Valoración elaborou a proposta de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no citado concurso específico.
En consecuencia, de conformidade co establecido na normativa citada, logo da proposta da Comisión de Valoración do 10 de agosto de 2026, a Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro, no uso das competencias delegadas en virtude do disposto no artigo 1.g) da Orde do 15 de decembro de 2021 (DOG núm. 246, do 24 de decembro),
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso específico para a provisión de postos de traballo vacantes na Axencia Tributaria de Galicia.
A relación de persoas admitidas e excluídas figuran como anexos I e II, respectivamente, desta resolución e publicarase no portal web corporativo da Consellería de Facenda e Administración Pública https://www.conselleriadefacenda.gal/a-conselleria/transparencia/concursos-especificos
De conformidade coa base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión. A reclamación dirixirase ao Servizo de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública e poderá presentarse por calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderase implícita na resolución pola que se publica a listaxe definitiva.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021; DOG núm. 246, do 24 de decembro)
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
da Consellería de Facenda e Administración Pública
ANEXO I
Listaxe provisional de persoas admitidas
|
Apelidos |
Nome |
DNI |
|
Álvarez Civeira |
Noemí |
***2013** |
|
Balo Rodríguez |
Rubén |
***8859** |
|
González Soñara |
Luz María |
***7110** |
|
Grande Maside |
Paula |
***2228** |
|
Hermida Vergara |
Ana |
***3793** |
|
López Ferreiro |
Rocío |
***6218** |
|
López García |
Diego |
***4746** |
|
López Méndez |
María Concepción |
***6854** |
|
Muíños Rafael |
Amalia María |
***6694** |
|
Otero Ramírez |
Ángel Ramón |
***8650** |
|
Pouso Abuín |
Luisa |
***4451** |
|
Riadigos Vigo |
Sandra María |
***9933** |
|
Souto Zas |
María del Carmen |
***8559** |
|
Vázquez Fuentes |
María Luisa |
***2559** |
|
Vázquez Regueiro |
María Dolores |
***2736** |
|
Vilas Pazo |
Ángela |
***7047** |
ANEXO II
Listaxe provisional de persoas excluídas
|
Apelidos |
Nome |
DNI |
Causa de exclusión |
|
Bueno Rey |
Sandra |
***4969** |
A solicitude presentada non se refire a ningún dos postos incluídos no anexo I da convocatoria. |
