Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: Adecuación CT Romeán-27C491.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avda. América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
• Desmontaxe da caseta do CT existente e instalación dun novo centro de transformación intemperie de 100 kVA/20 kV, situar na parcela con referencia catastral 27900A409002440000HJ.
• Desmontado do van de liña en condutor nu de tipo LA-56 de 15 m entre o apoio 120 existente e a caseta a retirar.
• Novo vano de liña en condutor nu de tipo LA-56 de 15 m, entre o apoio 120 existente da LMTA CRG803, e o apoio 120-1 proxectado que sosterá ao novo CT Intemperie.
• Substitución do seccionador tipo XS existente no apoio 120 da LMTA CRG803 por un novo seccionador do mesmo tipo.
• Desmontado dos condutores tipo RZ-3x95 Al/54,6 Alm de 77 m dos vans da rede de baixa tensión aérea existente á saída do CT que se substitúe.
• Instalación de tres novos vans de LBTA, en condutores illados de tipo RZ-3x95 Al/54,6 Alm de 75 m, que terán a súa orixe na saída do cadro de BT do novo CTI e finalizarán nos correspondentes apoios de formigón existentes.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo, 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Lugo. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lugo
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 18 de agosto de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de: adecuación CT Romeán-27C491.
Concello: Lugo.
Expediente: IN407A 2026/66-ATE.
|
Núm. |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Titular proposto |
Apoio núm. |
m2 |
Afeccións ml aéreo |
Afeccóns aéreo m2 |
Acceso m2 |
|
1 |
409 |
245 |
Senra |
Prado |
Pablo Lage Fariñas |
4.0 |
29.0 |
|||
|
2 |
409 |
244 |
Sandra de Abaixo |
Prado |
Pablo Lage Fariñas |
120-1-CT |
2.0 |
6.0 |
49.0 |
29 |
