En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Dolores Maneiro Crego.
DNI: ***6685**.
Expediente: DH.A15.102374.
Volume total anual: 510 m3/ano.
Destino: rega.
Orixe: río Té.
Lugar: Dorna.
Parroquia: Taragoña (San Salvador).
Concello: Rianxo.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste nunha captación de augas desde o río Té, á altura das coordenadas UTM X=515.484 Y=4.724.502 (ETRS89, H29) aproximadamente, mediante unha motobomba cunha alcachofa filtrante de 5,5 Hp de potencia, e a súa condución mediante unha mangueira de 40 mm de diámetro para a rega das parcelas número 600, 601, 602, 611 e 616 do polígono 61.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16 baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
