DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 9 de setembro de 2026 Páx. 48420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2026 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa da batea Granja VI.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante un escrito do 13 de xullo de 2026, José Otero Estévez (***3290**) solicitou a autorización para a transmisión mortis causa, con liquidación da sociedade de gananciais e adxudicación parcial da herdanza testada, da concesión administrativa da batea Granja VI.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión mortis causa, con liquidación da sociedade de gananciais e adxudicación parcial da herdanza testada, a favor de José Otero Estévez (***3290**) e Patricia Otero González (***4101**), da concesión administrativa da seguinte batea:

Nome: Granja VI.

Situación:

Cuadrícula número: 85.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 26.5.1965.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: José Otero Estévez (***3290**) e María del Carmen González Coya (***7528**).

Novos titulares: José Otero Estévez (***3290**) e Patricia Otero González (***4101**).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou un recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 2 de setembro de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
A directora territorial de Vigo
P.S. (Resolución do 13.5.2024)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica