Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.
Denominación: Reforzo LMTA PAL806 en tramo entre apoios nº 42-80 e nº 42-90.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Características técnicas principais:
• Substitución do condutor existente LA-30 (expediente 1880, APM 19/09/85) por un novo condutor LA-56.
• Substitución de apoios 42-81, 42-82, 42-86, 42-87 e 42-88 de formigón vibrado por apoios de celosía metálica (C-14/1000, C16-1000, C-18/2000).
• LMTS de 884 m en condutores RHZ1-2 OL 12/20 kV, 3 (1×240 Al), con comezo no PAS proxectado no novo apoio nº 42-82 e fin no PAS proxectado no novo apoio nº 42-86.
• Substitución do CTI Gradoi, con número de matrícula 27A098 e 50 kVA (expediente 2356AT, APM 23/11/88) por un novo centro de transformación prefabricado compacto de manobra exterior, con envolvente de formigón, 2L+1P con transformador de 250 kVA/20 kV, en previsión do futuro crecemento da demanda enerxética na zona.
• LBTS en condutor RZ 3×95 Al/54.6 Alm de 139 m desde o CT proxectado en condutor XZ1-0,6/1 kV, 4 (1×240 Al), ata a rede existente.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo (ronda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Antas de Ulla. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/antasdeulla-2
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, as persoas interesadas poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE número 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 18 de agosto de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de:
Reforzo LMTA PAL806 en tramo entre apoios nº 42-80 e nº 42-90
Concello: Antas de Ulla.
Expediente: IN407A 2026/46-ATE.
|
Nº |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Titular proposto |
Apoio nº |
m2 |
Afeccións soterrado ml |
Afeccóns soterrado m2 |
|
2 |
501 |
58 |
Cornedo |
Monte alto |
María del Carmen e |
42-81 |
2.0 |
7.0 |
26.0 |
|
5 |
502 |
192 |
A Lagoa |
Labradío |
José Manuel Vázquez Varela |
42-87, 42-88 |
4.0 |
