Por Resolución reitoral do 29 de xaneiro de 2025 (DOG do 13 de febreiro de 2025 e BOE do 24 de febreiro de 2025) convócanse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre. Con data 13 de xullo de 2026, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas.
Coa finalidade de lle dar cumprimento ao establecido no punto 7.3 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que, segundo a base 7.3 son convocadas a elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá de seguir para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, empregando o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o que empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.2 da Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se convocaba o proceso selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» o «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberán indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser contratada como persoal laboral fixo nesta categoría.
3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 64.2 do Convenio colectivo da USC.
Quinto. En caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar para o cal se terá en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer demanda no Xulgado do Social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011 reguladora da xurisdición social.
Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, convocadas a elección de destino
|
Núm. orde |
NIF |
Apelidos e nome |
|
1 |
***7863** |
Portela Vázquez, María |
|
2 |
***1877** |
García Pardo, María Belén |
|
3 |
***9815** |
González Pazos, Aída |
ANEXO II
Relación de postos que se ofertan
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición |
Quenda |
Campus |
|
PL000416 |
Técnico de investigación, área bioloxía-saúde. Facultade de Medicina e Odontoloxía |
Tarde |
Compostela |
|
PL000419 |
Técnico de investigación, área bioloxía-saúde. Facultade de Veterinaria |
Mañá |
Lugo |
|
PL001321 |
Técnico de investigación, área bioloxía-saúde. Facultade de Veterinaria |
Mañá |
Lugo |
