No Diario Oficial de Galicia número 143, do 31 de xullo de 2026, publicouse a Orde do 21 de xullo de 2026 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) e o proceso de provisión por mobilidade (código de procedemento PR461D) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e de acordo co regulado na dita orde, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B) nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2026.
Poderán consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública https://agasp.xunta.gal:
– A listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas.
– A listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión.
– A listaxe provisional de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega.
As persoas excluídas e as persoas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos da lingua galega.
Así mesmo, as persoas aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo para formular reclamacións.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán excluídas definitivamente.
A Estrada, 8 de setembro de 2026
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
