De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a este departamento territorial, logo de intentar a notificación dos requirimentos de documentación ditados nos procedementos de revisión no último domicilio das persoas interesadas citadas nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse estas persoas para seren notificadas dos devanditos actos administrativos.
Así, no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación do devandito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes. Do mesmo xeito, advírteselles que, de non facelo, se considerará efectuada a notificación cando venza o prazo indicado para comparecer.
As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas no Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2-4), das 9.00 ás 14.00 horas.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, malia a notificación quedar supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, logo de que transcorra o prazo que se indique nos requirimentos, que se contará desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen que se presente a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
A Coruña, 11 de agosto de 2026
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO I
Procedemento BS626F
|
Número de expediente |
DNI/NIE |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
15075002025R |
Z2559221Q |
Requirimento de documentación |
11.6.2026 |
|
15031000825R |
Y5374811R |
Requirimento de documentación |
10.6.2026 |
|
15030018625R |
Z0670698T |
Requirimento de documentación |
18.6.2026 |
|
15030044525R |
Z2020843E |
Requirimento de documentación |
19.6.2026 |
ANEXO II
Procedemento BS618D
|
Número de expediente |
DNI/NIE/ID |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
15030010026E |
I20017892 |
Requirimento de documentación |
16.6.2026 |
|
15030007626E |
Z1831682J |
Requirimento de documentación |
15.6.2026 |
