José Luis Abalde Caride, co DNI ***4533**, en calidade de presidente da Comunidade de Usuarios de Naia, Sabaxáns e Cortellas, convoco a asemblea xeral ordinaria para o sábado 3 de outubro de 2026 no depósito da comunidade (Camiño Vello 1, Vigo), ás 17.00 horas en primeira convocatoria e ás 17.30 horas en segunda, conforme á seguinte orde do día:
1. Lectura da acta anterior.
2. Informe da xestión da comunidade.
3. Renovación da Xunta Directiva, do xurado e das persoas suplentes.
4. Contas do exercicio 2025.
5. Futuras obras a curto e a longo prazo.
6. Orzamento para o exercicio 2026.
7. Facultar a Xunta Directiva para que solicite as subvencións e axudas en nome da comunidade.
8. Rolda de intervencións.
Vigo, 11 de agosto de 2026
José Luis Abalde Caride
Presidente da Comunidade de Usuarios
de Naia, Sabaxáns e Cortellas
