O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do día seis de agosto de dous mil vinte e seis, aprobou, polo quórum de maioría absoluta do número legal de membros da corporación, a seguinte proposta elaborada pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia para a adopción do escudo heráldico e bandeira propios e privativos do Concello:
Escudo heráldico:
De sinople (verde), un sol de ouro (amarelo); mantelado de azur (azul) con ondas de prata (branco) e azur, sumadas de catro vieiras de prata, dúas en cada mantel. Ao timbre, a coroa real pechada.
Bandeira municipal:
O pano verde e mantelado ao batente con ondas horizontais azuis e brancas.
En cumprimento do disposto no artigo 16.a), número 3, do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, o referido acordo sométese á información pública, mediante anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na web municipal, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de publicación no DOG, para que os interesados poidan efectuar as alegacións que consideren oportunas.
Fisterra, 19 de agosto de 2026
Luis Manuel Ínsua Lago
Alcalde presidente
