DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 10 de setembro de 2026 Páx. 48467

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B), convocado mediante a Orde do 21 de xullo de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 143, do 31 de xullo).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B), mediante a Orde do 21 de xullo de 2026 (DOG núm. 143, do 31 de xullo), e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes de acordo coa disposición adicional única da citada orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp)

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B).

A Estrada, 9 de setembro de 2026

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B)

– Tribunal titular:

• Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

• Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

• Vogais:

Martina Marcos Mosquera, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Ames.

Héctor Corgo Souto, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Narón.

Begoña del Río Martínez, policía local do Corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

– Tribunal suplente:

• Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

• Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

• Vogais:

Lorena Ponte Saavedra, oficial do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

Alejandro Trasbach Somoza, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Diego García Fariña, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ordes.