DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 11 de setembro de 2026 Páx. 48621

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, e corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

Mediante a Resolución do 26 de maio de 2026 (DOG núm. 104, do 5 de xuño) convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, e corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.

Examinadas e resoltas as reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos, a Comisión de Valoración, na súa reunión do día 7 de setembro de 2026, acordou elevar á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a proposta de resolución de adxudicación do concurso.

Polo exposto, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar e facer públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo. Esta información está ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Segundo. Diferir os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

Terceiro. De acordo co disposto na base X da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, caso en que poderá optar entre os dous postos adxudicados.

Neste caso, as persoas funcionarias adxudicatarias están obrigadas a comunicarlle por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no prazo de tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola que se abran os prazos posesorios.

Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta mesma consellería, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Adxudicación de postos

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Subgrupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Bacariza

Cortiñas

Santiago Xosé

***6592**

A2

1

PX.A20.00.003.15770.016

Inspector/a de turismo

PX

Santiago de Compostela

22

22,106

González

Blanco

Enrique

***0618**

C1

61

IV.A19.10.000.36001.185

Vixilante de estradas

IV

Pontevedra

18

15,802

Romero

Díaz

Luis Miguel

***9189**

C1

8

PR.C09.00.002.15770.008

Axente auxiliar de inspección

PR

Santiago de Compostela

22

16,954

Salvado

Botana

Alejandro

***9812**

C1

17

IV.A19.10.000.15001.141

Técnico/a auxiliar de obra

IV

A Coruña

18

16,792

Relación de consellerías:

Código

Consellería

IV

Vivenda e Planificación de Infraestruturas

PR

Presidencia, Xustiza e Deportes

PX

Presidencia da Xunta de Galicia