DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 11 de setembro de 2026 Páx. 48628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 31 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se dá publicidade á Resolución do 31 de agosto de 2026 pola que se someten a información pública os proxectos de explotación de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada de clave XG667, XG859 e XG883.

O 31 de agosto de 2026 a Dirección Xeral de Mobilidade emitiu resolución pola que se somete a información pública, ao abeiro do punto 1 do artigo 75 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, durante un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os proxectos aos que se refire este anuncio.

Durante o citado prazo, as persoas interesadas poderán formular por escrito, perante a Dirección Xeral de Mobilidade, cantas alegacións consideren oportunas.

A documentación completa dos proxectos de explotación clave XG667 Termos municipais de Mondariz, Ponteareas e Oeste do de Covelo, XG859 Leste das Comarcas do Baixo Miño e Vigo e termos municipais da Guarda, Mos, O Porriño, O Rosal, Tomiño e Tui e XG883 Oeste da Comarca do Baixo Miño, Sur da de Vigo e termos municipais de Baiona, Gondomar, Nigrán e Oia, estará ao dispor de todas as persoas interesadas, no seguinte enderezo web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes:

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/mobilidade

O que se fai público para o seu coñecemento xeral.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2026

Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade