DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 11 de setembro de 2026 Páx. 48642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Vilardevós (expediente IN407A 2024/70-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA VII807 no treito entre os apoios núm. 84-37 e 84-38, na casa do concello de Vilardevós, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 2 de setembro de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/70-3.

Instalación: Regulamentación da LMTA VII807 no treito entre os apoios núm. 84-37 e 84-38.

Concello: Vilardevós.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Cabezas

32092A097005100000QY

Josefa
Prado Vila

Casa do concello de Vilardevós

26.10.2026

12.30