Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, logo de intentar esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio, convócanse todas as persoas interesadas ao acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, no concello de Padrón (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla máis abaixo, e o cal terá lugar nas dependencias administrativas do mencionado concello.
A Coruña, 3 de setembro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2010/268-1.
Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.
Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.
Concello: Padrón.
|
Predio |
Datos catastrais |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
109 |
Polígono: 50, parcela: 748 |
CMVMC de Herbón |
22.10.2026 |
10.00 |
|
111 |
Polígono: 50, parcela: 749 |
CMVMC de Herbón |
22.10.2026 |
10.00 |
|
113 |
Polígono: 50, parcela: 750 |
CMVMC de Herbón |
22.10.2026 |
10.00 |
|
117 |
Polígono: 51, parcela: 931 |
CMVMC de Herbón |
22.10.2026 |
10.00 |
