DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 11 de setembro de 2026 Páx. 48675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 21 de agosto de 2026 de notificación do procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por razóns non imputables á Administración.

Ao non ser posible efectuar aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta Administración, a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 44 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado/a(s)

Persoa(s) responsable(s)

Custos da execución subsidiaria

Orde de execución

(exp. 980-2026).

Resolución orde de exec. subs. do día 28.7.2026

36043A031002990000JB

(polígono 31, parcela 299)

Forzáns

Ponte Caldelas

Vicente Pérez Cores

90,00 €

Orde de execución

(exp. 981-2026).

Resolución orde de exec. subs. do día 28.7.2026

36043A031002930000JS

(polígono 31, parcela 293)

Forzáns

Ponte Caldelas

Esclavitud Amoedo

2.160,00 €

Orde de execución

(exp. 1040-2026).

Resolución orde de exec. subs. do día 28.7.2026

36043A044014120000JU

(polígono 44, parcela 1412)

Silvoso-A Insua

Ponte Caldelas

María Deolinda Orge Vidal

45,00 €

Orde de execución

(exp. 1041-2026).

Resolución orde de exec. subs. do día 28.7.2026

36043A044014130000JH (polígono 44, parcela 1413)

Silvoso-A Insua

Ponte Caldelas

Dolores Áurea Lorenzo Vilariño

45,00 €

Orde de execución

(exp. 1506-2025).

Resolución orde de exec. subs. do día 21.8.2026

36043A043001190000JG

(polígono 43, parcela 119)

A Insua

Ponte Caldelas

Dolores Pura Correa Weiner

1.440,00 €

Orde de execución

(exp. 1507-2025).

Resolución orde de exec. subs. do día 10.8.2026

36043A043001200000JB

(polígono 43, parcela 120)

A Insua

Ponte Caldelas

Julia Baine Parada

360,00 €

Orde de execución

(exp. 891-2026).

Resolución orde de exec. subs. do día 21.8.2026

36043A012004070000JU (polígono 12, parcela 407)

Paradela

Ponte Caldelas

Marina Amoedo Otero

360,00 €

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación ás persoas interesadas, a cuxo fin se lles comunica que tanto a notificación coma o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (Avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente se poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultara infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, o cal conterá os datos catastrais da parcela.

O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilítalle a este Concello a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, repercutíndolles os custos ás persoas responsables.

O artigo 22.9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de lles facilitar os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non necesitarán ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 21 de agosto de 2026

Andrés Díaz Sobral
Alcalde