DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 14 de setembro de 2026 Páx. 48770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños número 399, 383 e 400.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 21 de agosto de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 399 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 70,18 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 383 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 78,52 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 3:

Identificación e localización: parcela número 400 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 86,28 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: Katia Chaves González (***8312**).

Novo titular: Carlos Pernas Palmeiro (***5421**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou unha copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 24 de agosto de 2026

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo