DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 14 de setembro de 2026 Páx. 48764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 6 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, relativo ao alleamento, polo procedemento de poxa pública, de varios inmobles de titularidade autonómica (concellos de Santiago de Compostela e Santa Comba).

Ás 10.30 horas do 21.10.2026 terá lugar a poxa pública presencial de 2 lotes de bens inmobles de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 5.5.2026.

A poxa terá lugar na Sala D do Edificio Administrativo en San Caetano s/n, Santiago de Compostela, ante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, ou persoa que actúe na súa suplencia, coa asistencia dun/dunha letrado/a da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral e unha funcionaria da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, que actuará como secretaria. Os bens inmobles obxecto da poxa son os que figuran a seguir, coa identificación dos procedementos de alleamento que lles son aplicables:

Por procedemento simplificado: con 1ª, 2ª, 3ª e 4ª poxas sucesivas, de ser o caso.

Lote 1º. Ben situado no concello de Santiago de Compostela, na provincia da Coruña, que se describe como segue:

Ben urbano. Vivenda núm. 4 letra D, fronte dereita, planta primeira, do bloque 15 na rúa de Alexandre Bóveda núm. 15, no polígono de Vite, terceira fase, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña). Ocupa unha superficie útil de 74 metros e 42 decímetros cadrados (74,42 m2).

Lindeiros: fronte, relanzo da escaleira; dereita, rúa Alexandre Bóveda; fondo, espazo libre que separa os bloques 9 e 10; esquerda, piso letra A da mesma planta. Cota de participación: 6,20 %.

Referencia catastral: 7789103NH3478H0004RM.

Valoración económica: 157.870,98 €.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Santiago núm. 2 como predio rexistral 11134, no tomo 1079, libro 121, folio 187 (CRU 15023000403826).

Lote da poxa: 1.

Tipo de licitación, primeira poxa: 157.870,98 €, fianza: 31.574,20 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 126.296,78 €, fianza: 25.259,36 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 101.037,42 €, fianza: 20.207,48 €.

Tramo mínimo da oferta: 1.000,00 €.

Lote 2º. Inmobles situados no concello de Santa Comba, na provincia da Coruña, coas seguintes contías e referencias catastrais:

1. Parcela rústica cunha superficie de terreo 18.680 m2 (18.907 m2 segundo o Catastro Inmobiliario), localizada no lugar de concentración de Bazar (San Mamede), Parominas, no concello de Santa Comba (A Coruña).

Lindeiros: norte, Antonio Rial Recarey (518); sur, camiño; leste, terra sobrante (516); oeste, camiño.

Referencia catastral: 15078A507005170000PZ.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Negreira como predio rexistral 28037, no tomo 1419, libro 243, folio 151 (CRU 15010000988033).

Lote da poxa: 2.

2. Parcela rústica cunha superficie de 7.690 m2 (7.731 m2 segundo o Catastro Inmobiliario) localizada no lugar de concentración de Bazar (San Mamede), Aveira de Mira, no concello de Santa Comba (A Coruña).

Lindeiros: norte, Antonio García Anido (681); sur, Manuel Calvelo Vila (684); leste, Andrea García García (683); oeste, camiño.

Referencia catastral: 15078A507006820000PU.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Negreira como predio rexistral 34694, no tomo 1420, libro 244, folio 93 (CRU 15010000989696).

Lote da poxa: 2.

3. Parcela rústica cunha superficie de 17.100 m2 (16.228 m2 segundo o Catastro Inmobiliario) localizado no lugar de concentración de Bazar (San Mamede), Cima da Chousa de Antón, no concello de Santa Comba (A Coruña).

Lindeiros: norte, Eduardo Constantino Calvelo Vila (706); sur, Carmen Vila Amarelle (704); leste, Antonio García Anido (707); oeste, camiño.

Referencia catastral: 15078A507007050000PJ.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Negreira como predio rexistral 34736, no tomo 1420, libro 244, folio 114 (CRU 15010000989900).

Lote da poxa: 2.

4. Parcela rústica cunha superficie de 2.320 m2 (2.313 m2 segundo o Catastro Inmobiliario), localizada no lugar de concentración de Bazar (San Mamede), Agra das Bouzas, no concello de Santa Comba (A Coruña).

Lindeiros: norte, Andrea García García (733); sur, Antonio García Anido (735); leste, límite coa parroquia de Vilamaior; oeste, camiño.

Referencia catastral: 15078A507007340000PD.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Negreira como predio rexistral 34798, no tomo 1420, libro 244, folio 145 (CRU 15010000990210).

Lote da poxa: 2.

Tipo de licitación, primeira poxa: 34.776,89 €, fianza: 6.955,38 €.

Tipo de licitación, segunda poxa: 27.821,51 €, fianza: 5.564,30 €.

Tipo de licitación, terceira poxa: 22.257,21 €, fianza: 4.451,44 €.

Tramo mínimo da oferta: 100,00 €.

No suposto de que neste procedemento simplificado resultasen desertas as terceiras poxas terá lugar a continuación no mesmo acto unha cuarta poxa en que o tipo será fixado pola mesa, así como o da garantía exixible, de ser o caso, de conformidade co previsto no parágrafo final de alínea 2 do artigo 116 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar na Caixa Xeral de Depósitos da Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia, a favor da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, con anterioridade ao día da poxa, como mínimo, o 20 % da contía sinalada como tipo de licitación. O día da poxa debe achegarse aos membros da mesa o xustificante do depósito previamente constituído para a licitación. A garantía tamén poderá presentarse en metálico ou cheque bancario a favor da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio (NIF S1511001H) na mesa o día da poxa.

A garantía non outorgará en ningún caso dereito á adquisición e devolverase a quen non resulte adxudicatario ou adxudicataria. Unha vez finalizado o procedemento, a garantía constituída pola persoa adxudicataria formará parte do prezo da compravenda.

Serán por conta das persoas adxudicatarias os custos orixinados pola adxudicación e pola formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen o alleamento dos bens e dos dereitos dos lotes obxecto deste anuncio están á disposición das persoas interesadas na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública: http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/poxas/vendas

Teléfonos de información: 981 54 41 51 ou 981 95 78 11 (Subdirección Xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública).

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2026

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio