De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, resultando infrutuosos os intentos de notificación e/ou por ser descoñecido o domicilio das persoas titulares, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra do proxecto de trazado da rolda leste de Ourense, treito Bemposta-N-525, de clave OU/21/097.01 nos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servicio Provincial de Ourense da AXI, sito na rúa Sáenz Díez, 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte o do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 3 de setembro de 2026
Natalia Varela Casal
Xefa do Servizo Provincial de Ourense
ANEXO
|
Predio |
Referencia catastral |
Persoa interesada |
|
14 |
32900A17600184 |
34478976K |
|
14 |
32900A17600184 |
34955501D |
|
14 |
32900A17600184 |
39496946N |
|
14 |
32900A17600184 |
49706830N |
|
22 |
32900A17600045 |
Descoñecida |
|
37 |
32900A17800038 |
14375669W |
|
43 |
32900A17700085 |
Descoñecida |
|
44 |
32900A17700115 |
Descoñecida |
|
71 |
32076A00300083 |
34465877D |
