De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sita na avenida da Habana, 79, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 3 de setembro de 2026
María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Expediente |
Interesado |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
CAZ-OU-11/2026-V |
44817340T |
Resolución de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
ANI-OU-42/2026-V |
44497789B |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
ANP-OU-10/2026-V |
161105040 (Pasaporte Venezuela) |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
