DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 15 de setembro de 2026 Páx. 48857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 7 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 13 do Plan xeral de ordenación municipal para o axuste de aliñacións e delimitacións en varios núcleos rurais, no concello de Carballo (expediente 2026AAE3107).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, formulado o 4 de setembro de 2026, sobre a modificación puntual núm. 13 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para o axuste de aliñacións e delimitacións en varios núcleos rurais, no concello de Carballo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3107).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade