Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA RUA806 en tramo entre os apoios 34-44-30-15-21 e 34-44-30-15-21-5 (Quiroga).
Lugo, 3 de setembro de 2026
O director territorial de Lugo
P.A. (Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Iria Fernández Vilaboa
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/126-2.
Denominación: Regulamentación LMTA RUA806 en tramo entre os apoios 34-44-30-15-21 e 34-44-30-15-21-5 (Quiroga).
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario |
|
1 |
44 |
67 |
Coceira |
Monte alto |
Descoñecido |
