DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 15 de setembro de 2026 Páx. 48891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2026 pola que se publica o cofinanciamento pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, do contrato administrativo da obra de saneamento e depuración da zona rural de Ferrol, fase 1A, Ferrol (A Coruña), con referencia de expediente AUG-2025-0151.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por estes, anexo IX do Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9 (Obras de saneamento).

4. Código NUTS do emprazamento principal das obras: ES111 Ferrol (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de saneamento e depuración da zona rural de Ferrol. Fase 1A. Ferrol (A Coruña). Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Referencia de expediente: AUG-2025-0151.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 4.060.303,59 euros. Importe total: 4.912.967,34 euros.

8. Valor estimado do contrato: 4.060.303,59 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 24 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), memoria descritiva do proceso de execución da obra (17), programa de construción da obra (12), medidas para o impulso demográfico (10), plan de control de calidade da execución da obra (8), plan de proba dos equipos electromecánicos ou automatismos (6), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (4) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (2).

11. Data da adxudicación do contrato: 18 de xuño de 2026.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 14.

12.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 13.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 16 de xullo de 2026.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou no seu caso UTE: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.

14.2. NIF: A32002644.

14.3. Enderezo: Camiño da Cima, 24-1º, 32400 Ourense.

14.4. Código NUTS: ES113.

14.5. Correo electrónico: concursos@extraco.es

14.6. Fax: 988 25 19 39.

14.7. Teléfono: 988 23 67 51.

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 3.788.669,00 euros. Importe total: 4.584.289,49 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 60 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

A actuación encádrase dentro do programa no Obxectivo político OP2 Unha Europa máis verde, baixa en carbono en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e a adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sostible; Prioridade de investimento P2A Transición verde; Obxectivo específico 2.5. O fomento do acceso á auga e dunha xestión hídrica sostible; Liña de actuación 2.5.03. Investimentos en materia de saneamento e depuración necesarios para o cumprimento das directivas en materia de augas; Ámbito de intervención 065 Recollida e tratamento de augas residuais; Operación mellora dos sistemas de saneamento na ría de Ferrol. Fase 2.

Polo que se deberán observar os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicación do anuncio de licitación no perfil de contratante: 28 de novembro de 2025.

Publicación da adxudicación no perfil de contratante: 18 de xuño de 2026.

Publicación do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 21 de xullo de 2026.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia