DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 16 de setembro de 2026 Páx. 48996

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de mobilidade.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de mobilidade, pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 9 de abril de 2026 (DOG núm. 70, do 16 de abril) e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de concurso-oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de mobilidade, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de persoal axente de inspección, especialidade de mobilidade

Tribunal titular:

Presidenta:

– María Ángeles Vidal Ruiz, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretario:

– Tono Abal Nartallo, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– María Elena Prado Veiga, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

– María Inmaculada Carril Barco, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Tribunal suplente:

Presidente:

– Marcos Vázquez Fernández, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Secretaria:

– Iria Seoane Leal, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Silvia García Lorenzo, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– José Jorge Martínez Fernández, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

– Laura María González-Dopeso Portela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.