DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 16 de setembro de 2026 Páx. 49011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribas de Sil (expediente IN407A 2023/168-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.

Domicilio social: avda. San Adrián, 48, 48003 Bilbao, Vizcaya.

Denominación: Soterramento de las LAAT a 20 kV (3ª Cat) 34-Presa 1, 35-Presa 2 da ST CH Sequeiros (3170) e 33-Sequeiros da ST CH Montefurado (3258) para emendar a anomalía á súa entrada a ST CH Sequeiros (3170), no TM-de Ribas de Sil (Lugo).

Situación: concello de Ribas de Sil.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV 34-Presa 1, con orixe no apoio existente número 1 e final no apoio proxectado número 0N tipo C-16/2000 cunha lonxitude de 11 metros en condutor LA-30 existente.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV 34-Presa 2, con orixe no apoio existente número 3 e final nun PAS situado no apoio proxectado número 1N tipo C-18/4500 cunha lonxitude de 115 metros en condutor LA-56 proxectado, substitúese tamén o apoio existente número 2 por unha torre de celosía tipo C-18/2000 con número 2N.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV 35-Sequeiros, con orixe no apoio existente número 2 e final nun PAS situado no apoio p roxectado número 1N tipo C-18/4500 cunha lonxitude de 31 metros en condutor LA-56 existente.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV 34-Presa 1, con orixe nun PAS situado no apoio proxectado número 0N tipo C-16/2000 e final nunha cela de liña existente na S.T. CH Sequeiros cunha lonxitude de 68 metros en condutor HEPRZ1-240 proxectado.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV 35-Presa 2, con orixe nun PAS situado no apoio proxectado número 1N tipo C-18/4500 e final nunha cela de liña existente na S.T. CH Sequeiros cunha lonxitude de 79 metros en condutor HEPRZ1-240 proxectado.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV 35-Sequeiros, con orixe nun PAS situado no apoio proxectado número 1N tipo C-18/4500 e final nunha cela de liña existente na S.T. CH Sequeiros cunha lonxitude de 79 metros en condutor HEPRZ1-240 proxectado.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 55.416,48 €.

Documentación que se xunta:

– Separata para o Concello de Ribas de Sil.

– Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e as directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 20 de agosto de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo