DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 17 de setembro de 2026 Páx. 49327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 8 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, sobre desistencia e arquivamento dun procedemento expropiatorio no concello de Brión (expediente IN407A 2024/237-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícase á persoa ou persoas sinaladas no anexo a tramitación dunha solicitude de desistencia e arquivamento dun procedemento expropiatorio que formulou a entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., para os efectos de que nun prazo de dez (10) días poidan formular alegacións á dita solicitude.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuaren alegacións, a notificación do acto obxecto desta publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 8 de setembro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/237-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT TA-2-803 apoio 9SF44VVD/D49.

Concello: Brión.

Predio

Lugar

Datos catastrais

Titularidade proposta

1

Pedra Abelleira

Polígono: 14

Parcela: 227

Descoñecida