O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais no segundo cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de las Industrias Culturais no segundo cuadrimestre do ano 2026
|
Convenio |
Importe (€) |
Data de sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a asociación Amigos de la Ópera da Coruña para o desenvolvemento de actividades de difusión e promoción da música operística en 2026 coa representación da Ópera Jenůfa. |
160.000,00 € |
7.5.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a asociación Músicas ao Vivo para o desenvolvemento da décimo terceira edición dos Premios Martín Códax da Música 2026. |
28.000,00 € |
7.5.2027 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación de Profesionais de Circo de Galicia para a realización de actividades para a promoción, visibilización e fomento do novo circo galego en 2026. |
10.000,00 € |
10.5.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Federación Galega de Bandas de Música Populares para o desenvolvemento de actividades de promoción e difusión da música bandística en 2026. |
200.000,00 € |
13.5.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e o Concello de Ribadavia para o desenvolvemento da cuadraxésimo segunda edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2026. |
60.000,00 € |
11.6.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación Cultural Luarada para o desenvolvemento da trixésima edición do Festival Internacional de Cine de Ourense-OUFF 2026. |
60.000,00 € |
17.6.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Fundación Paideia Galiza para o desenvolvemento do programa de acompañamento profesional para proxectos musicais Sonemerxente Máis en 2026. |
22.000,00 € |
18.6.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a asociación Cultura ISMO para o desenvolvemento da edición 2026 de Abanea-Festival de danza e movemento. |
24.000,00 € |
1.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Ames para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
Sen achega económica |
1.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Cedeira para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
3.994,20 € |
1.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Gondomar para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
6.913,50 € |
1.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade e a entidade Concello do Grove para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
6.461,40 € |
1.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello da Rúa para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
8.347,20 € |
2.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Betanzos para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
10.119,25 € |
2.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Burela para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
3.166,20 € |
2.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Foz para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
24.151,72 € |
2.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello do Barco de Valdeorras para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
9.265,96 € |
2.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Ortigueira para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
6.575,40 € |
2.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Outes para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
8.417,94 € |
2.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Ribadeo para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
8.279,21 € |
2.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Boiro para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
8.026,93 € |
3.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Cangas para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
4.327,50 € |
3.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Cee para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
7.540,80 € |
3.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Narón para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
22.015,25 € |
3.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Negreira para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
1.845,00 € |
3.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Oleiros para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
5.959,25 € |
3.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Deputación de Ourense para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
13.526,41 € |
3.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Viveiro para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
13.000,45 € |
3.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e Camino Escena Norte AIE para o desenvolvemento en Galicia do programa de intercambio cultural Camiño Escena Norte 2026. |
44.000,00 € |
3.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Muros para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
8.219,78 € |
6.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Noia para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
7.912,50 € |
6.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a asociación Videoxogo.gal-Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos para o desenvolvemento de accións de difusión e visibilización do sector dos videoxogos en 2026. |
42.000,00 € |
7.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Tomiño para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
7.760,50 € |
7.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello das Pontes para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
15.195,00 € |
11.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Arteixo para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
2.660,00 € |
13.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Cambados para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
10.385,00 € |
14.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Ferrol para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
10.003,82 € |
15.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Monforte de Lemos para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
9.510,35 € |
15.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Asociación de Artistas Intérpretes o Ejecutantes, EGDPI (AIE) para a participación de grupos de música galegos na edición 2026 do programa AIEnRuta Artistas. |
20.000,00 € |
20.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a asociación Culturgal para o desenvolvemento da décimo novena edición da Feira das Industrias Culturais de Galicia-Culturgal 2026. |
90.000,00 € |
24.7.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Instituto Municipal Coruña Espectáculos (Fórum Metropolitano) para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
16.279,00 € |
24.8.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Instituto Municipal Coruña Espectáculos (Teatro Rosalía) para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
6.113,99 € |
24.8.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais e a entidade Concello de Lugo para a xestión da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do segundo semestre do ano 2026. |
6.737,20 € |
28.8.2026 |
