A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 23 de xullo de 2026, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2026: axudas para a atención a persoas con discapacidade. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios e na intranet da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante un mes.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026
Dolores Vilavedra Fernández
Presidenta do Consello da Cultura Galega
