DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 17 de setembro de 2026 Páx. 49338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente DH.A15.1372 e cinco máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.1372 e cinco máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.1372

Manuel Allones Meiras

0,55 l/s

Rego

Doméstico e rega

L: Lazo

P: Xaviña (Santa María)

C: Camariñas

E-77-72-C (E-77-72A-C)

Modesto Mourelle Diéguez

37,16 l/s

Río

Forza motriz

C: Vimianzo

E-74-233-C

Manuel Romar Lema

María Álvarez Mouzo

0,17 l/s

Río

Rega

L: As Melgueiras

P: Traba (Santiago)

C: Laxe

DH.B36.9851

Luciano Gómez Padín

600 m3

Pozo

Doméstico e rega

L: O Pereiro

P: Baión (San Xoán)

C: Vilanova de Arousa

E-1572-L

Germán Pena Meitín

4 l/s

Río

Rega

P: Sumoas (Santo Estevo)

C: Xove

E-1318-C

Manuel Lista Vázquez

38,5 l/s

Río

Rega e forza motriz

P: Queixas (Santa María)

C: Cerceda