DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 17 de setembro de 2026 Páx. 49331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de setembro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente E-68-1769-P e cinco máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente E-68-1769-P e cinco máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro do 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

E-68-1769-P

José Rey Barra

Gaspar Araujo Lucas

63,75 l/s

Rego

Rega e forza motriz

L: Torna do Souto

P: Ribeira

(Santa Mariña)

C: A Estrada

E-31-P

Juan Bugallo González

100 l/s

Río

Forza motriz

L: Pena Queixeira

C: Moraña

E-191-L

Cooperativa Hidro-eléctrica Vivariense

100 l/s

Rego

Forza motriz

C: Ourol

E-149-C

Pedro Robles Bogo

800 l/s

Río

Forza motriz

L: Sisto

P: Loira (San Pedro)

C: Valdoviño

E-27-C

José Blanco Barreiro

Manuel Barreiro Liñares

80 l/s

Rego

Forza motriz

L: Vilalba

P: Buxán (Santiago)

C: Val do Dubra

E-57-C

Manuel Freire

350 l/s

Río

Forza motriz

L: Quintiláns

C: Ames