No Diario Oficial de Galicia número 94, do 21 de maio de 2021, publicouse a Resolución do 7 de maio de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o proceso de elaboración das listas propias desta axencia para a contratación temporal de persoal investigador e se abre o prazo de presentación de solicitudes en 2021 (código de procedemento MR325A).
Consonte a previsión do artigo 16, anualmente abrirase un período de actualización de méritos e de incorporación ás listas de novos aspirantes, que será anunciado na páxina web da Axencia, cun prazo de actualización non inferior a 15 días naturais. Os méritos acadados polo desenvolvemento dos contratos formalizados a través das listas de contratación de persoal investigador serán actualizados de oficio pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Tamén poderán ser actualizados con base na modificación, incorporación ou eliminación de oficio de liñas do catálogo, segundo resolución motivada da Dirección da Agacal, para atender as necesidades de investigación requiridas en cada momento.
De conformidade coa indicación previa, as bases do proceso de actualización das listas de contratación de persoal investigador atópanse dispoñibles no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://agacal.xunta.gal/gl/institucional/persoal
Establécese un prazo de presentación de solicitudes de incorporación ou actualización de méritos nas listas A e C de vinte días naturais, contados desde as 00.00 horas do día seguinte ao da publicación do anuncio da resolución no Diario Oficial de Galicia, ata as 23.59 do vixésimo día natural posterior.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026
Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
