Con data do 19 de xaneiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia número 11 a Orde do 18 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI461A).
En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicaranse no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.
Así o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Proceder á publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI461A) que se indican no anexo.
Segundo. O financiamento ascende ao importe total concedido de 2.499.844,75 euros, con cargo á aplicación 08.06.313D.460.1 (código de proxecto 2018 000112).
A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou á ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Terceiro. A finalidade comprende o fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (Artigo 19 da Orde do 18.12.2025;
DOG núm. 11, do 19 de xaneiro de 2026)
Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero
ANEXO
|
Núm. de expediente |
Entidade local |
NIF |
Total concedido € |
|
SI461A 2026-1 |
Concello de Santiso |
P1508000E |
22.820,52 |
|
SI461A 2026-2 |
Concello de Poio |
P3604100B |
45.962,64 |
|
SI461A 2026-3 |
Concello de Begonte |
P2700700D |
26.216,40 |
|
SI461A 2026-5 |
Concello de Pazos de Borbén |
P3603700J |
25.157,40 |
|
SI461A 2026-6 |
Concello de Valadouro |
P2706300G |
23.506,92 |
|
SI461A 2026-7 |
Concello de Boiro |
P1501100J |
47.806,56 |
|
SI461A 2026-8 |
Concello de Celanova |
P3202500I |
44.589,12 |
|
SI461A 2026-9 |
Concello de Larouco |
P3203900J |
22.452,24 |
|
SI461A 2026-10 |
Concello de Carballeda de Avia |
P3201900B |
22.452,12 |
|
SI461A 2026-11 |
Concello do Pereiro de Aguiar |
P3205900H |
48.308,88 |
|
SI461A 2026-12 |
Concello de Arteixo |
P1500500B |
118.091,04 |
|
SI461A 2026-13 |
Concello de Baiona |
P3600300B |
62.715,36 |
|
SI461A 2026-14 |
Concello da Lama |
P3602500E |
24.401,04 |
|
SI461A 2026-15 |
Concello de Tomiño |
P3605400E |
50.314,80 |
|
SI461A 2026-16 |
Concello de Mondariz Balneario |
P3603100C |
22.452,12 |
|
SI461A 2026-17 |
Concello de Arzúa |
P1500600J |
29.160,24 |
|
SI461A 2026-18 |
Concello do Porriño |
P3603900F |
91.282,08 |
|
SI461A 2026-19 |
Concello de Xermade |
P2702100E |
27.004,32 |
|
SI461A 2026-20 |
Mancomunidade Conso-Frieiras |
P3200016H |
22.910,16 |
|
SI461A 2026-21 |
Concello de Vilar de Santos |
P3209100A |
23.883,25 |
|
SI461A 2026-22 |
Mancomunidade Terra de Celanova |
P8202502D |
41.531,16 |
|
SI461A 2026-23 |
Concello de Ribadavia |
P3207000E |
22.806,84 |
|
SI461A 2026-24 |
Concello de Monforte de Lemos |
P2703100D |
64.617,36 |
|
SI461A 2026-25 |
Concello de Gondomar |
P3602100D |
48.897,12 |
|
SI461A 2026-26 |
Concello de Corcubión |
P1502800D |
22.460,88 |
|
SI461A 2026-27 |
Concello de Covelo |
P3601300A |
22.128,84 |
|
SI461A 2026-28 |
Concello de Outes |
P1506300A |
23.619,93 |
|
SI461A 2026-29 |
Concello de Ordes |
P1506000G |
46.307,76 |
|
SI461A 2026-30 |
Concello de Salvaterra de Miño |
P3605000C |
44.904,24 |
|
SI461A 2026-31 |
Concello de Alfoz do Castrodouro |
P2700200E |
28.104,00 |
|
SI461A 2026-32 |
Concello de Santiago de Compostela |
P1507900G |
166.335,24 |
|
SI461A 2026-33 |
Mancomunidade Municipios Comarca de Verín |
P3200025I |
16.839,12 |
|
SI461A 2026-34 |
Concello de Sarria |
P2705700I |
68.072,12 |
|
SI461A 2026-35 |
Concello de Barbadás |
P3200900C |
51.298,32 |
|
SI461A 2026-36 |
Concello de Boborás |
P3201400C |
20.259,60 |
|
SI461A 2026-37 |
Concello de Teo |
P1508300I |
67.623,66 |
|
SI461A 2026-38 |
Concello das Neves |
P3603400G |
25.319,64 |
|
SI461A 2026-38 |
Concello de Marín |
P3602600C |
88.515,84 |
|
SI461A 2026-40 |
Concello do Barco de Valdeorras |
P3201000A |
65.447,76 |
|
SI461A 2026-41 |
Concello do Vicedo |
P2706400E |
22.452,12 |
|
SI461A 2026-42 |
Concello de Chantada |
P2701600E |
44.257,92 |
|
SI461A 2026-44 |
Concello de Lalín |
P3602400H |
91.948,80 |
|
SI461A 2026-45 |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
P3606000B |
93.829,20 |
|
SI461A 2026-46 |
Concello de Melide |
P1504700D |
55.387,20 |
|
SI461A 2026-47 |
Concello das Pontes de García Rodríguez |
P1507100D |
59.201,64 |
|
SI461A 2026-48 |
Concello de Cortegada |
P3202800C |
22.820,49 |
|
SI461A 2026-49 |
Concello de Ponteareas |
P3604200J |
96.277,44 |
|
SI461A 2026-50 |
Concello de Mos |
P3603300I |
69.241,68 |
|
SI461A 2026-51 |
Concello de Caldas de Reis |
P3600500G |
60.256,83 |
|
SI461A 2026-52 |
Concello de Ferrol |
P1503700E |
147.594,79 |
