DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Venres, 18 de setembro de 2026 Páx. 49565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2024/220-1, no concello de Arteixo.

Para lle dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, logo de intentar esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación CT Monteagudo 15CW41 e adecuación LMT, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2024/220-1), correspondente ás fincas e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 9 de setembro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/220-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación CT Monteagudo 15CW41 e adecuación LMT.

Concello: Arteixo.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade

Data de ocupación

2

Leira de Arriba

15005A026001830000PU

Descoñecida

11.9.2026