A Xunta de Goberno local en sesión que tivo lugar o 3 de setembro de 2026 aprobou inicialmente o estudo de detalle nas parcelas P4 e P5 da zona Z3 do Plan parcial Avenida 3 de abril, concello de Narón (A Coruña), con referencias catastrais 7989301NJ6178N0000BO e 7989302NJ6178N0000YO, redactado pola empresa VIER Arquitectos, S.L.P. (COAG 9260), e instado pola Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.
Conforme o establecido no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194.2 e 207 do seu regulamento, o estudo sométese a información pública polo prazo dun (1) mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, así como no taboleiro de edictos da sede electrónica municipal, para os efectos de que durante o dito período se poida examinar o expediente e formular as alegacións e suxestións que se consideren oportunas.
Durante o período de información pública, o texto íntegro do estudo de detalle, debidamente dilixenciado, xunto co correspondente expediente administrativo, estarán depositados para a súa consulta no Servizo de Obras e Urbanismo, sito no sexto andar da casa do concello, na praza de Galicia, s/n, das 8.30 ás 13.30 horas, para que poida ser consultado. Para tales efectos poderase solicitar cita previa, presencialmente ou no teléfono 981 33 77 00 (ext. 1603 ou 1610); todo isto sen prexuízo do acceso ao documento aprobado inicialmente a través do xeoportal do Concello de Narón (https://naron.maps.arcgis.com/home/index.html).
Este acordo determina a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado (artigo 47.2 da LSG). A dita suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a súa publicación, e non afectará os supostos previstos no número 3 do artigo 86 do RLSG, extinguíndose, en todo caso, coa aprobación definitiva do documento.
Narón, 10 de setembro de 2026
Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa
