Mediante o Decreto da Alcaldía número 1915/2026, do 16 de xuño de 2026, resolveuse declarar persoal laboral fixo-descontinuo na praza de persoal de servizos xerais (servizo de actividades complementarias), grupo C3, con tipo de adscrición definitiva e código RPT 09.02.13 a Amaya Espiño Ferreiro, con DNI ***0991**, por superar o proceso selectivo relacionado.
A declaración de persoal laboral fixo-descontinuo publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 127, do 8 de xullo de 2026, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello e na páxina web municipal.
A formalización do contrato efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación da declaración como persoal laboral fixo no Boletín Oficial da provincia.
Ames, 17 de xullo de 2026
José Blas García Piñeiro
Alcalde
